Consultoría e Comunicación

II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Fene A elaboración do II PIOM baseouse nun proceso participativo que integrou as dimensións política, técnico-administrativa e social xunto coa opinión de persoas expertas e a cualificación do equipo técnico encargado do desenvolvemento do proceso.
Proxecto cultural Factor Libro. A rebeldía de ler Factor Libro deseñouse e levouse a cabo como un proxecto cultural, integrado por un proceso de intervención e unha campaña de comunicación no espazo da Feira do Libro de Vigo no ano 2008.

Intervención Fala por ti Nesta campaña interactiva, promovemos a participación da xente a través da gravación de vídeos. Estes vídeos, posteriormente, incorporáronse á web Fala por ti.
Campaña Sabor a Galego Sabor a galego desenvolveuse co fin de promover e prestixiar o uso da lingua galega a través dun proceso planificado e coordinado no ámbito hostaleiro da Coruña. Foi liderado pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e a Asociación de Hostaleiros da Coruña.

Campaña de sensibilización Namórate da lingua Esta campaña vai xa pola súa segunda edición. En cada unha das edicións, deseñouse unha intervención orientada á xente nova no día dos namorados que incluíra a dinamización na rúa, na web e nas redes sociais.
Campaña participativa A lingua latexa Esta campaña participativa, desenvolvida o pasado verán na cidade de Pontevedra, proxectouse nas rúas e, despois, converteuse nun concurso na web para a xente máis nova.

Campaña O galego, parte de ti Como parte da actividade que xurdiu ao redor da celebración da Copa de Europa Premium ITU Tríatlon Pontevedra 2010, naceu a campaña O galego, parte de ti / Galician language is part of you. Difundiuse material de benvida en case 20 linguas para as persoas asistentes e creouse unha web para difundir a campaña.





