Contidos dixitais

 

A galaxia imaxinariaA Galaxia Imaxinaria Esta web forma parte dun proxecto de xestión cultural que acompañou a iniciativa de recuperación dun espazo urbano. Desta iniciativa, naceu a idea de crear o parque A Galaxia Imaxinaria, dotado dun proxecto cultural propio.

Camerlingua Camerlingua recolle, clasifica e difunde un amplo abano de recursos lingüísticos orientados ao mundo da empresa: léxico, modelos de documentos, pautas de estilo e redacción... O seu obxectivo é facilitar o acceso á información máis útil para o emprego do galego no mundo empresarial.

Recursos para o galegoRecursos para o galego Esta web recolle, organiza, difunde e fai útiles unha serie de recursos lingüísticos orientados ao mundo da administración local, asociativo e cidadá en xeral. A idea é achegar os recursos TIC ao redor da lingua galega ao conxunto da poboación.

Este espazo web ofrece unha guía de consulta organizada dos diferentes recursos para mellorar o uso do galego. A idea é achegar todas as posibilidades de sistematización que as novas tecnoloxías ofrecen para facilitar o uso do galego, a través de aplicacións integradas nos editores de texto ou a través de conxuntos léxicos e guías de uso de grande interese para resolver as nosas dúbidas.

Web doculingua. Documentos en dixital Doculingua comprende un conxunto de recursos para apoiar a empresa na potenciación de competencias lingüísticas en galego. Con Documentos en dixital traballamos para que a comunicación empresarial en lingua galega sexa eficaz, actual e de calidade.

Ferrol con linguaFerrol con lingua Ferrol con lingua é un xestor de contidos que naceu do traballo de Tagen Ata na reactivación do Plan de Normalización Lingüística do Concello. Nesta web o Departamento de Lingua difunde e recolle a actividade que desenvolve desde este departamento. Ten unha función dinamizadora das actividades que se desenvolven neste departamento en diálogo coa sociedade.

Web Guía de estilo en liña Esta guía de estilo da Cámara de Comercio de Ferrol naceu co obxectivo de fornecer, dun xeito intuitivo e moi sinxelo, as pautas precisas para elaborar textos eficaces e correctos. Esta é unha necesidade en relación coa importancia que adquiriu a corrección lingüística na proxección da imaxe de calquera entidade.

Manual de boas prácticas para a conciliación da vida familiar e laboral

Manual web de Boas Prácticas para a conciliación da vida laboral e familiar Este manual elaborouse especificamente para promover a conciliación da vida laboral e familiar nas cooperativas galegas. Esta ferramenta representa unha guía de  consulta e un instrumento de apoio para adquirir unha visión sinxela e global das medidas de conciliación existentes.