Formación en liña. Facemos proxectos formativos a medida

Concello de VigoTécnicas Básicas de Escritura para a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo Escribir con fluidez, corrección e dun xeito eficaz é unha destreza difícil. Este curso aborda as técnicas que facilitan este traballo. 

Conciliando os Aspectos Públicos e Privados: conciliación da vida persoal, familiar e laboral para a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo Este curso percorre os recursos, as estratexias e os contidos que promoven e explican as claves da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Cámara de Comercio de FerrolEstilo e Redacción de Documentos para a Empresa para a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol No ámbito laboral, é importante emitir textos correctos e eficaces que reflictan unha imaxe positiva. A través de modelos de documentos comentados e outras pautas de análise, traballamos a escrita no ámbito empresarial.

Concello de PontevedraLingua e TIC. Recursos para o galego para o Concello de Pontevedra As novas tecnoloxías poden achegarnos importantes recursos para escribir con corrección. Neste curso, ofrecemos un percorrido por todas estas ferramentas.

Igaxes 3Curso de Informática básica para o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector IGAXES3 Dunha forma moi sinxela e didáctica, expoñemos as bases para mellorar o manexo do computador e aproveitar todas as posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías.

Concello de FerrolLingua galega hoxe para o Concello de Ferrol A través cun curso ameno e moi didáctico, expoñemos as claves que garanten un coñecemento actualizado e práctico da lingua galega.

Grupo GSSLingua Galega para Profesionais para Global Sales Solutions Line Atlántico SLEste curso fornece as competencias básicas para desenvolverse en galego no ámbito laboral.ursos en GSS

forGAGalego Xurídico e Administrativo para FORGA-CIG Este proxecto formativo percorre os trazos que definen a linguaxe xurídica e administrativa. Traballamos léxico específico, uso de maiúsculas, puntuación, abreviacións etc. 

Curso de Introdución á Economía para FORGA-CIG Neste curso, abordamos os conceptos básicos da economía desde unha perspectiva social e laboral. 

Introdución á Lei de Protección de Datos para FORGA-CIG Neste curso, fornecemos as pautas básicas de seguridade e control ao manexar datos persoais.

Universidade da CoruñaCurso Mellora na Calidade da Lingua [blended-learning] para a Universidade da Coruña Dun xeito moi dinámico e a través dunha rede social creada para este curso, achegamos as claves para mellorar a calidade da lingua que empregamos.