Servizos lingüísticos

Servizo de asesoramento lingüística para Forga Este servizo de asesoramento lingüístico atendeu os textos xerados pola Fundación: textos especializados, formativos, administrativos etc.

Exeria

Exeria, aplicación para unha linguaxe non-sexista Tagen Ata, en colaboración con Imaxin|software, desenvolveu Exeria, unha aplicación para facilitar o uso dunha linguaxe non-sexista. Exeria é unha aplicación que funciona de maneira similar a un corrector gramatical de textos e que nos achega até cinco solucións para os termos dubidosos no uso dunha linguaxe-non sexista. Intégrase na suite ofimática OpenOffice.org para facilitar o traballo directo sobre os textos á hora de escribir os nosos documentos.

Sabor a galego: tradución, corrección e coordinación Unha das accións incluídas no proxecto Sabor a galego foi a elaboración trilingüe (galego, inglés, castelán) dos menús de case 100 establecementos de hostalaría na cidade da Coruña.

O galego, parte de ti Neste proxecto, traballamos a xestión multilingüe da comunicación para achegarnos ao maior número de visitantes e participantes no evento Copa de Europa Premium ITU Tríatlon Pontevedra 2010. Na web podemos atopar traducións de até 20 linguas.

Elaboración de regras para unha aplicación informática en lingua galega para o editor OpenOffice.org

Gnome

Localización do contorno de escritorio Gnome (ver. 2.16, 2.18, 2.22 e 2.26) Tagen Ata ten unha ampla experiencia na localización de software. Un dos nosos proxectos máis destacados é a localización do contorno de escritorio Gnome. Este contorno de escritorio funciona en diferentes distribucións de sistemas operativos baseados en Software Libre como, por exemplo, Ubuntu.

Localización do CRM SugarCRM e do ERP OpenBravo A nosa experiencia tamén inclúe traballos de localización de aplicacións destinadas para usos empresariais con versións libres como a localización do CRM Sugar (que é un sistema de administración da relación cos clientes) ou como a ERP Open Bravo (aplicación de planificación dos recursos empresariais).

Efront

Localización de eFront. Sistema de e-learning Localización da plataforma de ensino en liña eFront  Tagen Ata aposta pola diversidade lingüística nas novas tecnoloxías. Dentro desta aposta desenvolveuse o traballo de localización da plataforma do ensino en liña eFront desde a que ofrecemos os nosos servizos de formación on-line.